178 anos na educación e cultura galegas

Xente do Xelmírez
Instituto Nacional de Ensino Medio Arcebispo Xelmírez

En 1936, coa proibición dos grupos mixtos do novo Réxime, segrégase o alumnado e a maioría do profesorado. En 1940 trasládase a parte feminina ao edificio San Clemente creándose o Instituto Rosalía de Castro. O masculino adopta dous anos despois o nome Gelmírez. A sede lévase en 1965 a San Caetano, onde haberá que agardar aos anos 70 para que o instituto volva ser mixto. En 1984 divídese de novo en dous centros –mixtos–, ubicándose o Xelmírez I en Poza de Bar, no campus universitario sur, e o Xelmírez II en Salgueiriños.

Dende 1970 o ensino secundario evoluciona cara a situación actual da man das sucesivas leis de educación. Algúns pasos son significativos: redución da semana lectiva a cinco días, matriculación de alumnado de ambos sexos, primeiro en grupos separados, máis adiante compartindo aula, introdución da Língua Galega no repertorio de materias troncais, instauración dos gabinetes de orientación, das asociacións de nais e pais, dos centros de formación continuada do profesorado, das actividades extraescolares ou do Consello Escolar.

Durante este período de cambios foron creándose novos centros de ensino medio, tanto en Santiago como na práctica totalidade dos concellos galegos. Con esta expansión e coa progresiva equiparación social da Formación Profesional co Bacharelato, o Xelmírez foi perdendo de forma natural o seu protagonismo para formar parte da estrutura docente dun sistema educativo universalizado e deseñado para dar cobertura a toda a poboación.

Con todo, non deixa o instituto de corresponder con ánimo construtivo á súa privilexiada herdanza, e na actualidade as xentes do Xelmírez asoman en calquera sector profesional ou cultural.

EN PANEL:
Obras artísticas de autor@s vinculad@s ao IES Xelmírez I Ver

EN VITRINA:
Publicacións de autor@s vinculad@s ao IES Xelmírez I Ver