178 anos na educación e cultura galegas

Xente do Xelmírez
Instituto Nacional de segunda ensinanza

Dende 1910 houbo mulleres nas aulas do instituto, en cantidades moi discretas ao principio, até chegar á “explosión” dos anos da República: En 1931 matriculáronse 281 alumnas. Na década dos 20, a súa presenza era xa algo normal, e algunhas brillaron despois na Universidade, como Mª Concepción Carnero Valenzuela, Natividad Mejuto ou Elisa Díaz Riva.

Entre o profesorado temos noticia, nos mesmos anos 20, do paso polo centro de Mª Victoria Díaz Riva, Mª do Carme Rey Martínez e Mª do Carme Moar Vázquez. Durante os anos da República Elisa Díaz Riva, Ángeles Gimeno ou a astrónoma María Antonia Ferrín. Nos seguintes anos van aumentando as incorporacións, sendo salientábeis María Tobío ou Pura Lorenzana, ambas as dúas integrantes do Seminario de Estudos Galegos.

Na parte masculina do alumnado, non deixa de haber figuras relevantes na política, como Fernández Albor, na arte como Díaz Pardo, xornalistas como José Landeira, historiadores como Antonio Meijide, poetas como César Michelena, bibliotecarios como Salvador Parga Pondal...

Abundan entre o profesorado deste período os membros da Real Academia Galega: Ramón Sobrino Buhigas, Antonio Fraguas, Antonio Meijide Pardo, Manuel Rabanal ou Manuel Fernández Rodríguez, que tamén pertenceu á Real Academia da Historia. Rabanal foi membro ademais da Real Academia Española, como o profesor Alonso Zamora Vicente. Mencionaremos outras figuras de relevo como Manuel Vidal en literatura ou o pintor Carlos Maside.

Ver referencias individuais:

I I