Xente do Xelmírez
Instituto de segunda ensinanza de Santiago
No último terzo do século XIX o instituto foi un auténtico cruxol do que sairían figuras tan destacadas do Rexionalismo como Alfredo Brañas, Waldo Álvarez Insua ou Joaquín Arias Sanjurjo. Foi este último membro do Seminario de Estudos Galegos, igual que Salvador Cabeza de León, que o presidiu, Álvarez Limeses, López Abente ou Isidro Parga Pondal.

Achegas importantísimas temos na literatura: Valle Inclán, García Martí, Pérez Constanti, Pérez Lugín, os xornalistas Comellas Coimbra ou Labarta Pose...
Outros exalumnos destacaron en política, contando cun Presidente do Goberno: Portela Valladares, os ministros Armada y Losada, Rodríguez Viguri, Manuel Linares Rivas –tamén dramaturgo–, ou o deputado Francisco Porto Rey.
Non faltan eminentes médicos como Gil Casares, científicos como Casares Gil, pensadores como Amor Ruibal, académicos e historiadores como Oviedo y Arce, Casto Sampedro ou, no campo artístico, o músico Tafall Abad ou o pintor Fenollera e Ibáñez, profesor do instituto nesta etapa.

Ver referencias individuais:
![]()
