178 anos na educación e cultura galegas

Xente do Xelmírez
Abrindo camiño: o Instituto da Universidade

Nas dúas primeiras décadas do instituto nado no seo da Universidade de Santiago, formáronse algúns dos protagonistas máis senlleiros da cultura, a ciencia e a política galegas. Figuras destacadas do Rexionalismo e do Rexurdimento como o historiador Manuel Martínez Murguía –máis tarde o economista Alfredo Brañas–, os poetas Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre, protagonistas do célebre brindis do banquete de Conxo, e outros escritores como Sánchez Deus ou o académico Parga Sanjurjo contáronse entre os primeiros alumnos do instituto.

Outros alumnos destacaron despois no plano político, como os deputados Pedro Pais Lapido, Felipe Romero Donallo, os ministros Linares Rivas e Montero Ríos, que chegou a ocupar a Presidencia do Goberno.

Tamén pasaron polas aulas do centro figuras de relevo na cultura e na ciencia, entre os que cómpre mencionar o folclorista e gramático Saco e Arce, o tamén folclorista Pérez Ballesteros, o historiador e novelista López Ferreiro, científicos e profesores de prestixio como López Seoane, o Rector Gil Villanueva, os médicos Rodríguez Carracido e Barcia Caballero, membro da Sociedad Amigos del País, presidida por outro exalumno: o economista Joaquín Díaz de Rábago.

Ver referencias individuais:

I I