178 anos na educación e cultura galegas

Astronomía / Náutica / Comercio

Estudos de Náutica: Desde 1755 Ferrol conta cunha Escola de Navegación e Escola de Pilotos da Armada. En 1780 decídese crear escolas de náutica en todos os portos habilitados para o comercio coas Indias. O 12 de xullo de 1783 unha Real Orde determina as materias e condicións para superar os exames os que pretendan praza de piloto. En 1788 a Xunta de Comercio crea na Coruña a Escola de Navegación, vinculada ao Consulado do mar.
Desde 1790 as escolas de Náutica tiñan un plan de estudos único para toda España. En 1804 comezan a funcionar as escolas de navegación de 2ª orde de Cee e Carril. Dende 1850 os estudos de Náutica dependen do Rectorado da Universidade de Santiago, e en 1860 as escolas de navegación pasan a depender do Instituto.


O título de Piloto da Armada homologábase logo para a mariña mercante ou civil. Os Catedráticos do Xelmírez imparten materias que están nos programas oficiais. A capacidade de examinar e dar títulos era competencia dos militares. Cursábanse Xeografía, Astronomía, Matemáticas, Física, Fisioloxía e Hixiene, Linguas vivas e Debuxo.

Estudos de Comercio: Coa Lei de 1857 as escolas de comercio perden a condición de gratuítas que tiñan dende 1847 e a autonomía da que gozaban desde 1850.
A escaseza de diñeiro público motiva o Real Decreto que obriga a adscribir o ensino de Comercio aos institutos de Segunda Ensinanza, baixo a supervisión dun director especial.

Desde este punto, o acceso a estes estudos non se pode realizar antes dos 15 anos, e require superar un exame de ingreso. Ademais é preceptivo un pago de 15 pesetas por curso, en dous prazos.
Os dereitos pola obtención do título custan 400 reais para Perito Mercantil e 600 reais para Profesor de Comercio, titulo ao que se accede após superar un curso adicional.
A posesión destas titulacións conleva vantaxes como ter preferencia para cubrir prazas de corredor ou axente de comercio.

EN VITRINA:
Expediente de Manuel Antonio Ver
Leçons de Cosmographie. Par H. Faye Ver
Tratado de Cosmografía. P. R. Cappa Ver
Expediente Vidal Abascal Ver
Nociones de Cosmografía y Geografía Física Ver
Programa de Ciencias Cosmológicas Ver
Cours de Mathematiques... Ver
Jorge Juan: Examen Marítimo... Ver