178 anos na educación e cultura galegas

Xeografía

A Xeografía sempre estivo nos programas oficiais. É unha materia troncal da que derivaron outras, por iso sufriu ao mesmo tempo unha perda de contidos. Exemplo disto é que a Astronomía pasou a mans de matemáticos e físicos, e acaba por constituír a materia de Cosmoloxía. Impóñense os datos cuantitativos aos relatos teórico-didácticos.
Como materia foi quedando na súa versión máis descritiva, como un conxunto de nocións básicas de xeometría, astronomía, meteoroloxía, topografía, historia dos pobos asentados no territorio, debuxo. Todas elas constitúen unha serie de ciencias auxiliares, instrumentos da Xeografía que por teren un carácter máis práctico e preciso van adquirindo corpo e ocupando o seu lugar como materias independentes.


A Xeografía foi esencial no ensino medio, pois precisábase para os estudos do exército, os de comercio, navegación, estudos diplomáticos, etc.
O seu elemento máis característico foi o mapa, e o Instituto conserva unha boa colección deles: Fontán, López, Coello, Dufour, os topográficos do Exército e do Instituto Xeográfico Nacional do s. XIX e principios do XX, os de estradas e camiños de ferro da Península, os do teatro da Guerra do conflicto carlista.
Tamén contamos coa Xeografía de Estrabón de Amasia, copia de 1523, libro de orixe desamortizadora do Colexio de Exercitantes da Orde Xesuíta en Santiago.

EN PANEL:
Peza da Carta Xeométrica de Domingo Fontán Ver
Mapa do Sitio de Bilbao, 1874 (3ª Guerra Carlista) Ver
Carte de L’Europe, per A. H. Dufour, París 1842 Ver

EN VITRINA:
Nueva guía del viajero en España y Portugal Ver
Programa de Nocións de Xeografía Ver
Introduction à La Connaissance De La Sphère Ver
Geografía y Atlas de Primer Grado Ver
Estrabon: Geographicarum libri XVII Ver
Lacroix: Introduction a la géographie... Ver