178 anos na educación e cultura galegas

Alemán / Francés

De sempre, o Instituto tivo matriculados alumnos das facultades maiores, que non tiñan aprobadas materias necesarias para a súa licenciatura ou doutoramento.
A lei Pidal de 1845 introduce no currículo o Alemán, que terá en España un grande prestixio como lingua da Ciencia e da Filosofía. En moitos casos era indispensábel para pedir pensión á Xunta de Ampliación de Estudos e completar a formación no estranxeiro.
A cátedra de Alemán e a de Inglés suprímense no instituto en 1852 co Regulamento de Instrucción Pública de Bravo Murillo, que elimina as cátedras de linguas vivas costeadas cos fondos do estado o cos provinciais. Isto supón o cese de Antonio Basadonna, profesor de ambas cátedras.
Anos máis tarde recupéranse como materias de aplicación, necesarias para os estudos da Escola de Comercio de Coruña e das Escolas de Náutica.


O curso 1928-1929 supón un grande avance nos estudos das linguas: hai Alemán de 1º e 2º ano, e Alemán para a Facultade. Tamén Inglés e Italiano de 1º e 2º ano.
O Francés é case unha segunda lingua do instituto. Parte dos libros da Biblioteca están neste idioma. De Francia seguimos o modelo de estudos e todo avance educativo que se incorpora.
A primeira profesora do Instituto impartía Francés: María Victoria Díaz Riva. Cursou Filosofía e Letras, foi mestra e inspectora de ensino, ademais dunha notábel pedagoga, relacionada coa Residencia de Señoritas que dirixiu María de Maeztu. Foi tamén bolseira da Junta de Ampliación de Estudios (JAE) para realizar estadías de investigación en Francia, Bélxica e Suíza.
O seu salario eran 126 pesetas ao mes.

EN VITRINA:
Expediente de Jimena Fernández de la Vega Ver
Expediente de Ida Ruth Selbmann Ver
Nuevo método práctico de lengua alemana Ver
Manual práctico de la lengua alemana Ver
Apuntes de lingüística alemana de Ganzo Ver
Lecturas simplificadas de lengua francesa Ver
Mon premier Livre de Lectures Francaises Ver
Gramática francesa de Bergnes de las Casas Ver