Latín
A materia de Latín ocupa un lugar importante no currículo educativo do Ensino Medio tanto polo número de materias como pola dedicación horaria. Só desaparece puntualmente coa fugaz reforma do sexenio democrático, na revolta de 1868.
A materia organízase como materia binaria, impartindo Latín e Castelán nun afán explicativo e asociativo de ambas linguas, seguindo o modelo dos dicionarios en ambos os dous sentidos.

Realmente o Latín é unha materia que conta con manuais para a reforma educativa neste nivel do ensino secundario, xa que existen moitos textos en latín de autores clásicos. Ademais serven as obras editadas polos Escolapios, que non sufriran a desamortización de Madoz por estaren dedicados ao ensino de relixiosos, e de feito reducían o gasto do Estado. Outros manuais e textos foron publicados pola Real Academia.
Tamén se promove dende a Lei de Instrucción a edición de manuais adaptados ás leccións dos programas, chamando aos catedráticos a traballar na edición de textos. Raimundo de Miguel, profesor de instituto, é unha referencia a nivel estatal en manuais para Latín.
EN VITRINA (LATÍN):
Diccionario de Valbuena ![]()
Elementos de lengua latina
Curso práctico de latinidad
Segundo curso de lengua latina de Díaz López ![]()
Gramática latina elemental ![]()
Método de Campo y Rodríguez ![]()
Autores selectos escuelas pías ![]()
Eléments de Grammaire Comparée
EN VITRINA (L. CASTELÁ):
Elementos de Gramática de Ballot ![]()
Gramática Hispano-latina ![]()
Nueva gramática de Amézaga ![]()
Muestrario caligráfico
Caligrafía inglesa
Cuaderno de Lectura e Escritura
Expediente de Alfonso R. Castelao ![]()
Elementos de Gramática castellana ![]()
Lengua Española y Literatura de Manuel Vidal
