178 anos na educación e cultura galegas

Alumnado

O alumnado é o patrimonio máis importante do Instituto.
Por lei, tiñan que ter 10 anos cumpridos para realizar o Exame de Ingreso no centro. Esta proba verificaba se o nivel dos estudos primarios era suficiente. Logo viñan tres anos de estudo de Bacharelato Elemental e outros tres anos de Bacharelato Superior.
Os alumnos de fóra de Santiago precisaban hospedarse en pensións se non tiñan casa de familiares. Necesitaban unha casa-pensión que proporcionase aloxamento, manutención, clases, repasos e estudo.
Os estudantes que acudían ás clases eran os de ensino oficial. Os demais alumnos eran de ensino libre ou doméstico se recibían clases doutros docentes na súa casa ou colexio privado, mais os exames tiñan que ser con profesores do Instituto. O título cando se aprobaban todas as materias era o de “Bacharel” en Ciencias ou Letras.


Os alumnos de gran parte de Galicia viñan estudar neste instituto pola presenza da Universidade. A súa orixe xeográfica era moi ampla: os Labarca da Coruña, os Loriga e os Aller de Lalín, os Alonso Ríos de Silleda, os Parga de Laxe, os Mascareñas de Verín, Díaz de Rábago da Pobra, Del Valle y de la Peña de Vilanova de Arousa, Rodríguez Castelao de Rianxo, Maside de Cesures, Cobián Otero da Coruña, Mª Esclavitude Porto e Antonia Ferrín de Santiago, Ruth Selbmann de Vilagarcía.
Moitos alumnos do Instituto logo foron profesores como Teodoro Varela, Luis Iglesias ou Mª Victoria Díaz Riva. Deste Instituto naceron outros como o Rosalía de Castro creado coas estudantes do Xelmírez, en virtude da Lei que obrigaba á separación do alumnado por sexos.

EN PANEL:
Foto 1930Ver
Seminario de Estudos GalegosVer
Foto 1938Ver

EN VITRINA:
Solicitude de exame de Parga Pondal Ver
Fe de bautismo Enrique Lluria Ver
Alumnos con premio ordinario Ver
Proba de ingreso Joaquín Loriga Ver
Regulamento casa-pensión (completo) Ver
Catálogo San Luís Gonzaga Ver
Ficha anatómico-fisiolóxica dun alumno Ver
Convocatoria a exame Noia Ver
Expediente de Mª Esclavitud Porto Ver
Expediente de Tomás Pedret Casado Ver
Título de Bacharel de Antonio Díaz de Rábago Ver
Solicitude de matrícula Valle Inclán Ver
Expediente de Julia Martínez Álamo Ver
Expediente de Antonio Alonso Ríos Ver
Exame 1ª matrícula e cualificacións Gil Casares Ver