Profesorado
O primeiro Claustro estaba integrado por catedráticos e doutores da Universidade. Sempre houbo algún compartindo docencia en ambas as dúas institucións.
Dirixidos por un Decano, logo por un Director –José López de Amarante– e na ditadura por un Comisario, participaban activamente na vida cultural, social, financeira e política de Santiago a través doutras institucións.
Nos primeiros anos, só formaban parte do claustro o corpo de catedráticos propietarios da materia por oposición. Tamén desempeñaban os cargos directivos do Instituto e formaban parte do Consello de Disciplina que resolvía os expedientes sancionadores do alumnado.
Eran eles os autores da programación, que se penduraba na porta da cátedra, e dos libros de texto da súa materia. Tamén se encargaban de examinar os alumnos de ensino oficial, de ensino non oficial, de ensino doméstico e de colexios privados.

O resto dos profesores eran Rexentes, Interinos e Auxiliares por Sección de Letras e Sección de Ciencias ou dalgunha materia en particular. Os auxiliares moitas das veces non percibían salario.
Había claustros externos, de centros dependentes oficiais ou privados, como os de Betanzos, Noia, Coruña, Cee, Ferrol, Pobra, Padrón, Riveira, etc.
As titulacións dos profesores foron cada vez máis variadas, segundo os estudos que se implantaban en función das saídas laborais: pilotos en Cee e Ferrol, médicos impartindo Fisioloxía, Mestres impartindo caligrafía, etc. No curso 1874-75 na escola de navegación de Ferrol a maioría dos profesores non tiñan título oficial, situación que muda radicalmente o ano seguinte –para dedicarse á docencia cando menos había que ser bacharel–.
Moitos dos profesores foron antes alumnos do Instituto, como é o caso de Teodoro Varela ou Luis Iglesias.
EN PANEL:
Salarios de profesores e empregados 1892 ![]()
Elección de Habilitado. 6 de Outubro de 1910 ![]()
Resposta do Reitorado a un oficio do Director do Instituto de Noia ![]()
Cadro de materias ![]()
EN VITRINA:
Carta a Isabel II ![]()
Relación de méritos 1859 ![]()
Toma de posesión por permuta de Teodoro Varela ![]()
Doazón de libros de Ramón Pereiro ![]()
Cadro de profesores e materias 1859 - 1860 ![]()
Programas de Xeografía e de Historia
Cartas de pésame 1877 ![]()
Instancia de Jorge Osterberger
Contribución ao Aguinaldo do Soldado ![]()
Textos para o curso 1893 - 1894 ![]()
Programa de Xeografía 1º Curso ![]()
Expediente obras de Manuel Vidal
Toma de posesión profesor de Caligrafía ![]()
