178 anos na educación e cultura galegas

O Instituto da Universidade

A Universidade utiliza os seus propios edificios e os seus cadros docentes para crear un Ensino Secundario máis útil para as Facultades Superiores.
Desde 1836 vaise deseñando un modelo de estudos máis parecido ao francés, enfocado á formación dunha burguesía propietaria e a facilitar o paso á Universidade ás futuras elites do Estado.
O instituto faise realidade en setembro de 1845, con categoría de Facultade Menor.
A responsabilidade inicial recae consecutivamente en catro Decanos: Juan José Viñas, Luís Posse, Pedro Losada Rodríguez e Antonio Casares e Rodríguez.

As Cátedras dispuxéronse no edificio de San Xerome, e o persoal docente foi o das Facultades.
Os Gabinetes, cos seus materiais, e o Xardín Botánico foron cedidos durante os primeiros anos pola propia Universidade.
O instituto é, a un tempo, Instituto agregado á Universidade e Instituto provincial.
A partir do ano 1857 segrégase, pero contando sempre co respaldo do Reitor como responsábel máximo a nivel académico.

Acta da 1ª sesión como Instituto agregado á Universidade

Sesión del día diez de Octubre de 1847.
Reunidos en la sala de claustro los Señores que al margen se expresan, se leyó por mandato del Sr. Rector una Real orden de treinta de Septiembre último por la cual S. M. se ha dignado nombrar Director del Instituto de segunda enseñanza agregado a esta Universidad a Dn. José López de Amarante, Catedrático de Historia en el mismo.
Acto continuo y previos los juramentos prescritos, se le dió por el Sr. Rector la posesión de dicho cargo, con lo cual quedó terminado el acto y se levantó la sesión
.

D. Juan José Viñas (rector), Dr. D. Antonio Solla Doval (catedrático de Artes, Vicedirector), D. Antonio Basadonna (Inglés e alemán), Dr. D. José López Amarante (catedrático de Xeografía e Historia, Director), Dr. D. Santiago Francisco Viqueira (Latín e Língua Española), Dr. D. Manuel Ulla Ibarzabal (Matemáticas), Dr. D. Ildefonso Rosendo Fernández (Latín), Lic. Juan Antonio Mojón (Matemáticas), Dr. D. Francisco Constanti (Lóxica), Lic. Rafael Vega y Areta (Latín e Grego), Dr. D. Santiago Carro Ares (catedrático de Filosofía), Dr. D. José Posada (Francés).

EN VITRINA:
Relación de alumnos admitidos a exame do Colexio Privado da Coruña Ver
Memoria e plano da obra de ampliación 1873 Ver
Enciclopedia de D'Alembert e Diderot Ver
Folla de servizos do primeiro Director, López de Amarante Ver