178 anos na educación e cultura galegas

Debuxo e Artes

O debuxo considérase unha aprendizaxe de aplicación. É unha materia voluntaria que non ten exames; os alumnos presentan traballos para pasar de curso. Aparece no Instituto coa Lei de 1857, a cargo do profesor santiagués Juan José Cancela. No século XIX considerábase que pedagoxicamente o debuxo desenvolvía nos alumnos a sensibilidade, ademais de formalos na técnica, aumentar a súa capacidade de apreciación e as habilidades manuais.


Dentro do sistema educativo está moi influído pola tradición e as ideas artísticas das academias, xa que todos os profesores proceden da Escola de Belas Artes.
Co tempo vai estendéndose desde o debuxo lineal e xeométrico até o debuxo de adorno e figura, fortemente ligado o de adorno ao deseño industrial.

A partir da Xeografía aparece unha nova materia práctica: a Topografía, que vai acompañada polo debuxo topográfico.
Tamén precisan desta materia a Xeometría, a Xeodesia ou as Matemáticas. Para o alumnado das Escolas de Náutica, dependentes do Xelmírez no curso 1875-76 dentro dos estudos aplicábeis á navegación, aparecen o debuxo lineal, o xeográfico e o hidrográfico.
No curso 1896-97, sendo profesor José María Fenollera e Ibáñez, atopamos catro materias de debuxo: o lineal, o xeométrico, o debuxo de adorno e paisaxe e o debuxo de figura de 4º curso.

EN PANEL:
Lámina de J. CarotVer

EN VITRINA:
Valoración do curso de alumnos de Debuxo Ver
Solicitude de ingreso de Fernández Granell Ver
Láminas de Julien Ver
Libro de texto de Peyronet Ver
Lámina de Alexander De Bar Ver
Libro Sistema métrico decimal Ver
Columnas modelo das ordes de arquitectura Ver