178 anos na educación e cultura galegas

Fisioloxía e Hixiene / Ximnástica

O nacemento do Instituto en 1845 coincide coa Reforma hospitalaria, primeiro paso nas melloras de Hixiene Pública e Medicina Legal. Na mesma época prodúcense avances notábeis no campo das Ciencias Médicas: Medicina, Farmacia, Veterinaria. Pouco despois, en 1854, regúlase a asistencia gratuíita aos pobres. No ensino cobra protagonismo unha nova materia: a Fisioloxía e Hixiene, impartida por profesores de Ciencias, en particular de Historia Natural, e con frecuencia por médicos.
Esta materia trata aspectos como a saúde nos ámbitos militar e civil, a xustiza social (a salubridade de persoas e casas, dos traballos, a escaseza de alimentos, a prostitución). Abranxe tamén o comercio (traslado e conservación dos alimentos) e a organización urbanística.


Hai que agardar ao ano 1883 para ter regulada por Lei a materia de Ximnástica. É unha asignatura ofertada polo centro pero voluntaria, evolución da Fisioloxía e Hixiene. Os médicos avalan a súa inclusión no ensino polo beneficio que supón o exercicio. O primeiro profesor do Xelmírez foi o cirurxián Eduardo Valentín Fariñas no curso 1893-94. Foi o autor dunha ficha da condición corporal xeral de cada alumno. O profesorado especialista formábase na Escola Central de Ximnástica de Madrid. En 1898 tomou posesión da Cátedra Francisco López Ferreira, doutor graduado en Medicina.
Os programas incluían ximnasia militar, sueca, a alemá de Shreber, os deportes ingleses e a ximnasia de Amorós, método no que se empregan aparellos: trapecio, barra fixa, paralelas, anelas, trampolín, etc. A Cátedra de Ximnástica estaba no 3º andar do edificio de Mazarelos. Era evidente a nula adecuación do espazo para os exercicios e xogos, o Instituto precisaba xa outras instalacións máis apropiadas ás necesidades de ensino, e así sería, no futuro San Caetano.

EN PANEL:
Lámina do Atlas Dermatolóxico de OlavideVer

EN VITRINA:
Elementos de Fisioloxía de Bosch Ver
Toma de posesión de López Ferreira Ver
Ficha anatómica dun alumno Ver
Vida académica do profesor Revuelta Ver
Programación de Ximnástica Ver
La Gimnasia en sus relaciones con la Biomecánica Ver