Archive for the ‘Sin categoría’ Category

Evariste Galois

Jueves, Marzo 18th, 2010

 

EVARISTE GALOIS (1811-1832)

D

úas cousas definen a este matemático francés: os seus descubrimentos e a súa activa participación na revolución, pero se nos fixamos nos seus datos biográficos algo destaca e fai que resalten máis eses dous aspectos. Morreu cando tiña 21 anos.

Galois tiña un carácter rebelde, que xunto coa súa orixinal visión das matemáticas, impediron que seguise o cauce normal para un científico brillante coma el. Os seus intentos de ingreso na Academia Politécnica, institución na que se formaban todos os grandes científicos da época, foron inútiles; o encontronazo entre dúas visións moi diferentes do mundo das matemáticas, a súa e a dos seus examinadores, fixeron que fose rexeitado. Tivo entón que conformarse con ingresar na Escola Normal, na que se formaban os profesores de ensino secundario, o que, alomenos, lle garantiu a subsistencia despois de ter morto o seu pai.

As ideas matemáticas bulían na mente de Galois mentres, fóra da escola, o país rebentaba coa revolución de 1830 e que os frustrados alumnos  tiveron que conformarse con vela polas fiestras enreixadas, xa que lle  foi prohibida a súa participación, chegando mesmo a pechárselles as portas para impediren a súa saída.

Pero os seus traballos matemáticos continuaban; as súas investigacións sobre a resolución de ecuacións levárono a presentarlle á Academia, por medio do seu presidente Cauchy, dúas memorias, coa esperanza de conseguir o seu ingreso sen necesidade de se examinar. O informe de Cauchy nunca chegou, e non foi este o único traballo de Galois perdido sen valorar xa que outro que presentou ao Gran Premio de Matemáticas, e que lle foi encomendado a Fourier para a súa valoración, desapareceu despois de ter morto este aos poucos días de o recibir.

Paralelamente a súa axitada vida política transcorría non moi apaciblemente. As súas protestas polo peche na Escola Normal levárono á súa expulsión e as súas actividades antimonárquicas acabaron cos seus ósos no cárcere por dúas veces. Estas estancias que tivo en tan pouco confortable pousada aproveitounas para avanzar nas súas investigacións, que deron lugar á presentación dunha nova memoria sobre “regras para recoñecer se unha ecuación dada é ou non resoluble por radicais”, o que significaba que se resolvían usando as catro regras e as raíces de grao igual ou inferior ao da ecuación.. Foi lida e cualificada por Poisson, que non soubo ver as innovacións contidas no traballo de Galois polo que a súa valoración non foi positiva.

Nese tempo hai un gran acontecemento na vida de Galois. Namórase perdidamente da filla dun veciño pero, parece ser que as súas ansias non foron correspondidas o que o levou a unha profunda depresión. No ano 1832, cando contaba 21, morreu dun tiro nun desafío do que non están moi claros os motivos, aínda que nunha carta a un amigo lamenta non ter morto polo seu país e si por unha “infame coqueta”.

O recoñecemento dos seus traballos tivo que agardar varios anos despois da súa morte, pero a Teoría de Galois cambiou o propio obxectivo da Álxebra que pasou de ser o estudo da resolución de ecuacións ao das estruturas alxébricas.

Non sabemos o que podería ter sido, pero se nunha vida tan curta os seus logros matemáticos foron de tal magnitude, temos que lamentar ter perdido os que probablemente acadaría máis adiante.

¡Hola mundo!

Jueves, Marzo 18th, 2010

Te damos la bienvenida aWeblog XELMIREZ. Esta es tu primer artículo. Edítalo o bórralo… ¡y comienza a publicar!