A  amizade de Teo-Dousmiro e os Números Perfectos

A.V. Formoso,v.10, 2010.

(Ó meu neto Álvaro)

1.   UNHA CHAPUZA DE DEUS

Deus armou o mundo nun día, un só día era máis que suficiente para que yahvéh , o omnipotente, crease un universo sinxelo e práctico, un invento dirixido e producido por el mesmo, o Un. Para acoller as súas criaturas, deus construíu o Tetraedro, porque era o máis lixeiro dos sólidos, e nel puxo os homes e os animais coa garantía de non destruílos mentres houbese un so humano xusto. E para que os seres vivos non se sentisen sos, o Un forxou un corpo celeste, puxo no ceo unha luciña  que cega nas noites escuras e que nomeou hefesto en honra dun deus amigo noutro ceo.

(Se queres leélo, preme no título).